Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O Concello ven de facer público o listado provisional dos beneficiarios das axudas de libros e comedores escolares correspondentes ao curso 2017/18.

De acordo coas bases da convocatoria, ponse en xeral coñecemento o decreto de 27 de setembro de 2017 que aproba o listado provisional de cualificación dos expedientes de libros de texto, material escolar e comedor escolar de 2017.

Pódese consultar dito listado nos seguintes lugares:

  • Rúa Bispo Carrascosa nº 14, baixo
  • UNIS A ponte Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43 (Centros Cívico a Ponte).
  • UNIS Centro Rúa Bernardo González Cachamuíña nº 11-13.
  • UNIS Couto Rúa Francisco de Moure nº 2.
  • UNIS Casco Vello Rúa Colón nº 18, (centro cívico).
  • Páxina web do Concello .

A partir do día seguinte da publicación desta resolución se abre un prazo de 10 días co fin de que os interesados poidan presentar as alegacións que estimen oportunas.

Documentación anexa

Listado provisional de axudas de libros e comedores escolares (pdf)

Decreto sobre a publicación do listado (pdf)