Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Libros de texto

O Concello ven de facer público o listado provisional dos beneficiarios das axudas de libros e comedores escolares correspondentes ao curso 2017/18.

Libros de texto

O Concello ven de facer público un listado cos nomes de solicitantes de axudas de libros e comedores escolares para o 2017 que teñen algunha falla ou erro na sua solicitude, coa intención de que completen a documentación para poder optar a estas axudas.  O prazo para cubir estas deficiencias será de dez días, a contar da publicación deste anuncio na web.

Web do Fondo de Cooperación

As ONGD con sede ou delegación en Galicia teñen de prazo do 23 de xuño ao 22 de xullo para presentar proxectos de cooperación ao desenvolvemento á convocatoria de subvencións lanzada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As propostas aprobadas levarán aparellada unha actividade de sensibilización que se deseñará a posteriori.

Centro Cívico de A Ponte

O Concello de Ourense vén de abrir o prazo de inscrición para as Actividades de Verán 2017 para nenos e nenas de Infantil e Primaria nos Centros Cívicos. Este ano por vez primeira, estarán organizadas polas concellerías de Asuntos Sociais, Sanidade e Igualdade. “O obxectivo básico é que os nenos e nenas se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico”, resume a concelleira Sofía Godoy. O prazo para anotarse estará aberto desde o venres 16 de xuño, até o venres 23 de xuño.

Reunión dos representantes de Asuntos Sociais cos portavoces da Cruz Vermella.

A Concellería de Asuntos Sociais vén de celebrar unha reunión de traballo, no centro cívico Colón, sobre o Programa de Protección de Solicitantes de Asilo e Refuxiados do Ministerio de Emprego e Seguridade Social que xestiona Cruz Vermella, entre outras entidades, na comunidade autónoma. Expuxéronse os obxectivos e a metodoloxía da organización neste ámbito, e abordáronse liñas de traballo a seguir entre as diferentes entidades implicadas en materia de migración (a Fundación Juan Soñador, Cáritas, UGT).

Concello de Ourense

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense vai celebrar a Semana dos maiores 2017 para todas aquelas persoas maiores de 60 anos e empadroadas no Concello de Ourense que queiran participar. Durante os días 29, 30 e 31 de maio, e 1 e 2 de xuño celebraranse actividades gratuítas e a tradicional comida de confraternización. As prazas son limitadas, polo que os asistentes deberán inscribirse nas oficinas de Asuntos Sociais, na Oficina de Atención ao cidadán ou no Centro cívico Colón.

Reunión do Consello de Servizos Sociais

A Mesa de traballo do Consello de Servizos Sociais reuniuse nas instalacións do Centro Cívico Colón para presentar o resultado final da guía de recursos que se elaborou a partir da iniciativa xurdida no Consello de Servizos Sociais.

Libros de texto

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 4 de maio de 2017, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (9 votos a favor), adoptou entre outros acordos, a aprobación da convocatoria de axudas de libros e comedor escolar para o curso 2017-2018

Reunión do Consello de Maiores

O 9 de maio tivo lugar a xuntanza do Consello Municipal de Persoas Maiores, órgano permanente de participación sectorial, con funcións de informe e proposta en cuestións referentes ás súas competencias, buscando a mellor solución para acadar o maior nivel de benestar posible así como a autonomía e a integración social das persoas maiores do municipio. Reactívanse así os consellos municipais de persoas maiores e de servizos sociais para potencialos como órganos de participación e de asesoramento nas políticas municipais.

Xuntanza para implantar o Plan de Infancia e Adolescencia, no Centro Cívico Colón

O centro Cívico Colón vén de acoller unha xuntanza de traballo, convocada pola área de Asuntos Sociais, sobre os obxectivos e implantación do Plan de Infancia e Adolescencia que está a elaborar o Concello de Ourense nas súas diferentes áreas: Ocio, cultura, e educación, medio ambiente e urbanismo, equidade e diversidade, benestar social e familia, saíde e actividade física, participación e cooperación.