Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Logo Asuntos Sociais

O xoves 9 de febreiro iniciase o primeiro curso de alfabetización dentro do Programa de Inclusión Sociolaboral Imedra dirixido ao colectivo de perceptores de RISGA (Renta de Integración Social de Galicia) e a xente en risco de exclusión social.

Logo de conBorrumbo

A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, visitou o programa CONBORUMBO, que ten como finalidade fomentar a inclusión social para o acceso e a permanencia no mercado laboral, destinado a persoas en exclusión social ou en risco de sufrila, que xorde da colaboración entre o Concello de Ourense e a Confederación Empresarial de Ourense, e conta co financiamento do Fondo Social Europeo a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Logo de Asuntos Sociais

Asuntos Sociais integra por vez primeira todos os grupos de risco a través de políticas de formación profesional e de inserción laboral. Ademais do IMEDRA, o Concello traballa tamén cos programas ConBoRumbo e Un rural para tidos a través de técnicas de venda, competencias clave, atención socio - sanitaria ou limpeza de superficies.

Centro Cívico de A Ponte

Os cinco centros cívicos municipais comezan o mércores, 14 de decembro, as actividades extraordinarias destas datas co obradoiro “Decoremos de Nadal o centro cívico e o barrio”, dirixido a nenos e nenas en horario de 18:00 a 20:00 horas. Esta actividade, que se desenvolverá até o vindeiro venres, será a primeira dunha programación elaborada desde o departamento de Asuntos Sociais do Concello de Ourense

Arbol de nadal, na Praza Maior de Ourense

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense ven de publicar o anuncio para as empresas interesadas en participar no programa de adquisición de xoguetes dentro da Campaña de Reis 2017.

Firma do programa Proinfancia en Ourense

O programa CaixaProinfancia que poñen en marcha o Concello de Ourense e a Obra Social “laCaixa”inicia o seu desenvolvemento na cidade, coa finalidade de prestar atención e mellorar a calidade de vida de nenos e nenas da cidade en situación ou risco de exclusión social. Desde o día 28 de novembro, xa está constituída a mesa institucional responsable do desenvolvemento do programa, e a mesa técnica que coordinará a súa execución.

Marc Benhamou, Jesús Vázquez, Sofía Godoy e Fernando Garza

O Concello de Ourense vén de habilitar senllas vivendas no barrio de Covadonga destinadas a pisos de emerxencia social pola Concellería de Asuntos Sociais.

Material escolar

Superar o requisito de 3.500 euros na renda per cápita anual foi o principal motivo para a denegación das axudas para libros ou comedor escolar concedidas para este curso pola Concellería de Asuntos Sociais.

Axudas, Subvencións, Convocatorias

Prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria. O anuncio foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, (BOP núm 154) do 6 de xullo de 2016.

Cartel informativo do Plan de infancia e Adolescencia

A Concellería de Asuntos Sociais está traballando na elaboración e, posterior aprobación do I Plan de Infancia e Adolescencia do municipio, tendo en conta o marco normativo de protección da infancia e adolescencia e as directrices de UNICEF.