Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

Reunión para impulsar a celebración da Feira do 21

O Concello de Ourense colaborará para a celebración, o vindeiro mes de outubro, da Feira do 21 no barrio ao que este evento deu nome a principios do século XX. Esta iniciativa, impulsada pola Asociación de Veciños de Santa Teresita, a Asociación de Comerciantes do Vinteún e a Federación Limiar, contará coa implicación das concellerías de Comercio, Limpeza, Transportes e Seguridade Cidadá

Proxecto da ubicación da Praza de Abastos na Alameda

O martes 13 de xuño asínase a acta de replanteo para comezar as obras na Alameda do traslado provisional da Praza de Abastos.Con esta sinatura, comezarían os traballos para instalar na explanada da Alameda os postos provisionais que albergarán aos praceiras mentres duran as obras de reforma do edificio da Praza de Abastos nº1, que serán realizadas pola UTE Petrolam Emergis Alameda (Petrolam Infraestructuras SL – Emergis Construcción SL), por un importe de 659.934 euros IVE incluído. Os traballos na Alameda terán un prazo de execución de 4 meses

II Food Truck Festival de Ourense

A Concellería de Comercio do Concello de Ourense, en colaboración con Producións Litoria e Comecamiños FoodTruck, organiza o 2º Food Truck Festival en Ourense, unha actividade que, tralo exito da público e participación da primeira edición, quere consolidarse coma unha cita ineludible no calendario de actividades da cidade.

Vista de Ourense

O proxecto de Orzamentos 2017 contempla a duplicación da axuda do Concello ao sector do comercio local de Ourense. Aumenta en concreto un 51%, pasando de 89.439,73 euros a 183.000 euros para gasto corrente. É dicir: para gasto directo que redundará en axudas para o comercio local.

Praza Maior de Ourense

O mercado de antigüidades volverá este domingo, 2 de abril, á Praza Maior de Ourense. Un total de 22 anticuarios confirmaron a súa participación nesta cita, que tradicionalmente se celebra o primeiro domingo de cada mes.

Praza Maior de Ourense

O próximo domingo, día 5 de marzo, retómase o mercado de antigüidades na Praza Maior. A Concellería de Comercio do Concello de Ourense acometeu a regularización deste mercado que tradicionalmente se ven celebrando o primeiro domingo de cada mes. Esta regularización é consecuencia do acordo aprobado polo Pleno do Concello na súa sesión do día 13 de xaneiro.