Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Concello de Ourense

O Concello de Ourense convoca as axudas que darán apoio á realización de programas e actividades culturais e festivas na cidade durante o presente ano 2017. O Boletín Oficial da Provincia do 21 de xullo anuncia esta convocatoria, dotada cun orzamento de 65.000 euros, á que poderán optar asociacións culturais, comisións de festas e entidades sen ánimo de lucro que presenten as súas solicitudes no Concello. O prazo rematará o día 14 de agosto.

Vázquez e Iglesias co fillo de Antón Faílde

Desde o 20 de xullo catro obras escultóricas de Antonio Faílde comparten coa natureza un diálogo artístico de pedra no Botánico de Montealegre. Estas pezas atópanse integradas no auditorio deste entorno natural, logo da cesión ao Concello efectuada polo fillo do mestre escultor, Miguel Ángel Faílde.

Pianista na Praza Maior

O Festival Piano Meeting 2017 presentou  aos 10 finalistas escollidos polo público na segunda fase de Concurso a través das súas redes sociais: Facebook e Twitter. A segunda fase de Concurso do Festival contou con 25 semifinalistas seleccionados polo xurado, que competiron polo voto do público para converterse nos 10 finalistas que completan a listaxe de 20 pianistas que tocarán no Festival con gastos de viaxe e aloxamento pagos.

Verán Cultural 2017

O Concello de Ourense vén de presentar a súa programación para as noites de verán. Dez concertos para outros tantos xoves, ao abeiro do programa Cultura no Camiño da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), que encherán a praza de San Martiño “de moita música e dunha posta en escena moi próxima: unha programación variada, que quere chegar a todas as sensibilidades e que promete ser o cerne das noites ourensás”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Presentación do balance das Festas de Ourense 2017

A Praza Maior, epicentro das festas de Ourense 2017, recibiu a visita de 20.000 persoas nos concertos celebrados ao longo da semana. Son as cifras que extrae a Concellería de Cultura, e que se suman ás 45.000 que pasaron pola praza do Bispo Cesáreo, as 10.000 que asistiron á Batalla das Flores ou ás máis de 6.000 que presenciaron os espectáculos de teatro da Alameda.

Programación de Corpo(a)terra 2017

A coreógrafa e bailarina costarricense Estefanía Dondí escenificou, nas escaleiras de Santa María Nai de Ourense, o inicio da sétima edición do festival internacional de danza e artes do corpo Corpo(a)terra, que do 4 ao 14 de xullo volverá encher as rúas da nosa cidade de arte. “Este festival é símbolo do vigor cultural do que goza Ourense”, salientaba na presentación a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, “logo de 9 días de festas ininterrompidos de festas”.

Cartel das Festas do Corpus 2017

As festas de Ourense chegan ao seu ecuador con grande parte do programa aínda por levar a cabo. Así, desde o xoves e até o remate das festas, serán máis de 70 os postos que se instalarán por diferentes emprazamentos do Casco Histórico da cidade dentro do Mercado Medieval, e que encherán de cor, olores e sabores o centro da cidade. Paralelamente, seguiranse desenvolvendo as actividades musicais e de animación, así coma o espazo bebés -ás 11:00 e 18:00 horas nos xardíns do Padre Feijóo-, e irán chegando concertos coma os do Sonoro Maxín, Orquestrada e Caxade na Praza Maior.

Cuadro da artista Isabell Seidel

Logo de seis meses pechado para acometer as obras de instalación do ascensor, o Museo Municipal reabre as súas portas con Tempo, da artista alemá afincada en Ourense Isabell Seidel. Unha colección de 91 obras, de grande e medio formato, coa técnica de acuarela en papel sobre lenzo, diarios de viaxe e cadernos de anotacións que percorre os currunchos da nosa cidade. A exposición ocupa as tres plantas do Museo -feito que non ocorría desde hai 30 anos, con Julio Prieto Nespereira-, e permanecerá aberta desde o xoves 22 de xuño até o 30 de setembro.

Inauguración do ascensor no Museo Municipal

O Museo Municipal acada a plena accesibilidade coa instalación dun ascensor panorámico que conecta os dous andares e a planta principal. E, o máis importante, de facelo cunha dotación fundamental: un ascensor panorámico que conecta os dous andares e a planta principal.

Presentacion de SoloDos 2017

O Claustro de San Francisco, un espazo con máis de 700 anos de historia, acollerá os mellores artistas de danza contemporánea do momento. Será no marco do festival Danza no Claustro SóloDos 2017, que se desenvolverá o xoves 15 e venres 16 con entrada gratuíta.