Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

Cartel do Campionato Galego de Boxeo

O Consello Municipal de Deportes presentou  as finais do Campionato Galego de Boxeo, unha cita que terá lugar este sábado ás 20:00 horas na cancha central do Pavillón dos Remedios de Ourense. Logo de varias xornadas de clasificación, os púxiles galegos fóronse clasificando ata conseguir chegar á cita do sábado, segundo explicaron o concelleiro de Deportes, Mario Guede, e Manuel Míguez, do Club Olimpos, co organizador do evento.

Campo de fútbol de Seixalbo

O Concello de Ourense decidiu acometer coa maior prioridade os traballos de explanación e retirada de pedras do terreo de xogo dado o estado de deterioro no que se atopaba. Para acometer esta obra contouse coa inestimable colaboración da Deputación de Ourense.

Visita as instalacións do campo de Oira

Unha inversión de 421.000 euros permite o reemplazo do pavimento sintético dos campos de fútbol de Oira e Os Remedios e a súa adecuación para a obtención da certificación FIFA Quality Pro. Os traballos están en marcha e prevese que rematen no mes de agosto. O alcalde, Jesús Vázquez, e os concelleiros Mario Guede e Carlos Campos visitaron esta instalación no campo de Oira.

Presentación del Memorial Secundino Basalo

O campo municipal de velle acollerá, o vindeiro mércores 28 de xuño, a primeira edición do memorial Secunduno Alonso Basalo, un acto de “gratitude da familia do deporte de Ourense”, en palabras do concelleiro de Deportes, Mario Guede, durante a presentación do acto.

O alcalde recibe as integrantes do equipo

O Concello de Ourense abrirá o balcón principal para que a cidadanía reciba o luns as campioas da Copa da Raíña de España 2017, o Envialia FSF. Ao tratarse dun logro deportivo de primeirísimo nivel, e logo de moitos anos sen que a Praza Maior vivise un acontecemento semellante, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, propúxolle ás integrantes do equipo esta posibilidade.

Presentación do 49 Descenso do Miño

As augas do río Miño acollerán unha nova edición -será a cuadraxésimo novena- edición do Descenso do Río Miño, unha proba puntuable para as ligas galegas de piragüismo, e que reunirá a 500 deportistas de 40 clubs de España e Portugal o vindeiro 24 de xuño. A proba, que foi presentada esta mañá no salón de plenos municipal, desenvolverase nos 17'5 quilómetros que separan Os Peares do encoro de Velle.

Piscinas de Oira

Os ourensáns poderán refrescarse, desde o sábado 10 de xuño, nas piscinas municipais de Oira. Logo dun investimento de 18.000 euros para o seu acondicionamento, as instalacións están aptas para a súa posta en marcha, segundo puideron comprobar, in situ, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de deportes, Mario Guede.

Piscinas de Oira

Os ourensáns poderán refrescarse, desde o sábado 10 de xuño, nas piscinas municipais de Oira. Logo dun investimento de 18.000 euros para o seu acondicionamento, as instalacións están aptas para a súa posta en marcha, segundo puideron comprobar, in situ, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de deportes, Mario Guede.

Presentación da BTT 2017

O domingo 4 de xuño terá lugar a VI BTT Cidade de Ourense organizada polo Clube Ciclista Dúas Rodas, en colaboración con Consello Municipal de Deportes de Ourense, a Deputación de Ourense, Deporte Galego da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Ciclismo.

Logo do Consello Municipal de Deportes

O Boletín Oficial da Provincia publica o 25 de maio a convocatoria de subvencións en materia deportiva do Consello Municipal de Deportes, de carácter anual e destinadas a eventos e manifestacións deportivas (liña 1: 80.000 euros) e para a actividade regular dos clubs deportivos da cidade de Ourense (liña 2: 600.000 euros).