Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

A cidade de Ourense converterase esta fin de semana en referente do fútbol base internacional coa segunda edición do Torneo Internacional Alevín fútbol 7, Mercedes-Benz Garza, que organizan o Club deportivo Santa Teresita e BeOne coa colaboración do Concello, a Deputación e o grupo La Región.

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu a presentación do torneo, no que participarán os equipos CF Porto (Portugal), Athletic club de Bilbao, Grenaa IF (Dinamarca), Inter de Milán (Italia), Grupo Desportivo Chaves (Portugal), Deportivo de A Coruña, e dous equipos ourensáns: o anfitrión, CD Santa Teresita e o Pavillón, gañador da fase previa do torneo que se disputou a pasada fin de semana.

Os partidos comezarán o sábado, ás 10horas, e rematarán o domingo ás 12,00 horas, cando se disputará a final.

A entrada é libre e gratuíta e a organización colocará unha grada supletoria no campo das Eiroás para maior comodidade do público asistente.