Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

Presentación da programación educativa

O Concello de Ourense pón a disposición dos centros educativos da cidade un total de trece programas con máis dun cento de actividades para escolares, a desenvolver durante o novo curso escolar.

Román Rodríguez e Jesús Vázquez tras firmar o acordo.

O alcalde de Ourense e mailo conselleiro de Educación asinan un acordo para implantar este ciclo no IES Universidade Laboral o vindeiro curso, e que se impartirá tamén nas instalacións municipais do Botánico de Montealegre e no Viveiro Municipal de Santa Mariña

Programación das Actividades de Verán

O luns, 3 de xullo, dáselle inicio ás Actividades de Verán ofertadas polo Concello de Ourense para nenos e nenas da cidade. As previsións da Concellería de Educación apuntan a que participarán máis de 600 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. As actividades levaranse a cabo durante os meses de xullo e agosto nos seguintes espazos lúdico - educativos da cidade: a Aula da Natureza de Oira, as Bibliotecas Municipais e en catro centros educativos: Os CEIP O Couto, Irmáns Villar, A Ponte e Mestre Vide.

Cartas da programación de verán

A Concellería de Educación do Concello de Ourense axudará á conciliación das familias ourensás durante as vacacións escolares de verán cun programa de actividades para nenos e nenas que se desenvolverán en colexios, bibliotecas municipais e Aula de Natureza. O Concello oferta este ano 600 prazas para rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, que poderán participar en actividades de marcado carácter educativo, en diferentes zonas da cidade. 

Actuación das orquestras infantís

A Escola Municipal de Música do Concello de Ourense en colaboración coa ONCE ofrecerá o venres, 2 de xuño, un concerto para escolares con problemas de visión. Será “O concerto dos sentidos”, un concerto especial de achegamento á música e ás distintas especialidades instrumentais que se imparten no centro, dependente da Concellería de Educación. Será ás 17:000 horas, na escola, sita na rúa da Canle.