Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

Fachada do Concello de Ourense

A Concellería de Igualdade ven de facer pública a resolución de subvencións(concedidas e denegadas) correspondentes ao ano 2017, por un importe de 4.229,12 euros.

Resolución das subvencións (pdf)

Presentación do III Plan de promoción para a Equidade de Xénero

O Concello de Ourense presentou no salón de plenos, xunto con diferentes colectivos sociais e representantes de todas as áreas municipais, o seu III Plan para a promoción da equidade de xénero, un documento impulsado desde o Centro de Información Municipal á Muller (CIMM) e no que colaboraron o Consello Municipal de Igualdade, integrado por unha representación de todos os estamentos institucionais de Ourense, a Comisión de Violencia de Xénero e os diferentes partidos políticos.

Cartaz do proxecto

O Concello ven de publicar o decreto da convocatoria do proceso de participación vecinal para a presentación de propostas de nomes de mulleres relevantes co fin de que dean nome as prazas e rúas da cidade.

Presentación da campaña

O Concello ven de presentar unha convocatoria dun proceso de participación veciñal para a presentación de propostas de mulleres relevantes coas que nomear as prazas e rúas do Concello de Ourense.

O Partido- Video para sensibilizar á mocidade contra a violencia de xénero

Video realizado e protagonizado polo alumnado do IES As Lagoas para sensibilizar á mocidade contra a violencia de xénero e fomentar relacións igualitarias.

Axudas

A Concellería de Igualdade informa sobre a publicación das bases xerais reguladoras de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades a prol da igualdade do Concello de Ourense para o ano 2017

Unha das imaxes da exposición

A Sala Valente acolle ata o día de 29 de outubro a exposición “Erradiquemos la mutilación genital feminina”, unha mostra que chega á cidade cedida pola Confederación Nacional Mujeres en Igualdad, coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello.

Fachada do Centro CIMM

Nas derradeiras décadas, na nosa contorna máis inmediata tense avanzado moito en materia de igualdade, mais todas e todos somos conscientes de que aínda queda moito máis por facer para poder dicir abertamente que vivimos nunha sociedade realmente igualitaria en termos de xénero.

Sede do CIMM en Ourense

O Concello de Ourense reforzará este ano os 5 centros cívicos da cidade e o Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) con 831 horas de servizo á conciliación familiar e laboral, reforzando as mañás 2 horas e ampliando a setembro o servizo. A Concellería de Igualdade pasará, pois, das 3.747 horas anuais que presta actualmente, ás 4.578 horas.

Logo de Móllate pola Igualdade

A cidade de Ourense celebra o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades, baixo o lema Móllate pola Igualdade. A diversidade e os coidados non teñen xénero, que se desenvolverán desde o día 8 ata o 14 de marzo.