Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Infraestruturas

Áreas

Logo Móvete por Ourense

O deseñador gráfico e arquitecto Iago Nóvoa gaña o concurso para a imaxe do proceso 'Móvete por Ourense'. Presentáronse un total de 18 propostas. Atendendo a criterios de orixinalidade, creatividade, estética e versatilidade para potenciar os valores do proceso, a imaxe presentada por Iago Nóvoa, deseñador gráfico e arquitecto, foi a elixida por unanimidade da comisión técnica. O novo logo será empregado para desenvolver todas as campañas de mellora da calidade ambiental, mobilidade, pacificación do tráfico e integración da bici no centro urbano de Ourense.

Jesús Vázquez e José Araújo supervisan a obra.

O Concello de Ourense está a dar cumprimento a unha histórica reivindicación dos veciños de Santa Cruz de Arrabaldo: o acondicionamento do camiño que une o núcleo de Os Campos coa estrada N-120.

Visita ás obras do acceso a Rabo de Galo

O 26 de xuño comezaron as obras de acceso a Rabo de Galo desde a estrada N-525 (o acceso é o que está situado en sentido Madrid da circulación).

Reunión ADIF co Concello de Ourense

O Concello de Ourense e os responsables de ADIF traballan de xeito conxunto e coordinado para redactar os proxectos que sirvan para mellorar a ponte de Tarascón e o paso de Ramón Puga.

Mapa do futuro parque da EDAR

O Concello de Ourense, a través dos concelleiros de Infraestruturas e Participación Cidadá, José Araújo e Carlos Campos, expúxolle a AVV 15 de agosto de Reza, o proxecto inicial para o espazo que actualmente ocupa a Estación Depuradora de Augas Residuais de Reza, actualmente en proceso de demolición.