Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Plaza Mayor de Ourense

O Boletín Oficial da provincia de Ourense publicou o xoves, 20 de xullo, a resolución do Concello de Ourense polo que se anuncia o concurso para a selección do nome-logotipo para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade: Pacificación do tráfico e integración da bicicleta no centro urbano de Ourense.

Praza Maior de Ourense

O concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, entregoulles aos membros da Xunta de Área de Medio Ambiente unha copia da ordenanza vixente, co fin de que aporten propostas coas que consensuar unha modificación nesta normativa, co fin de adaptala ás necesidades de uso actuais

Plantas carnivoras

O Botánico de Montealegre volve encherse de plantas carnívoras. Será durante os meses de xullo e agosto, cunha exposición composta por máis de 300 exemplares pertencentes a 25 especies diferentes procedentes de diversos continentes. Organizada pola Concellería de Medio Ambiente, cada especie está debidamente catalogada coa súa respectiva familia e lugar de orixe, e conta ademais coa explicación do persoal do Botánico dado o carácter divulgativo desta mostra.

Horto municipal

O Concello de Ourense vén de adxudicar, nun sorteo celebrado no salón de plenos, os 35 hortos municipais de Montealegre e de Mariñamansa. Tal e como sinala a ordenanza reguladora, trátase de facilitar a intervención dos cidadáns no desenvolvemento sustentable, favorecendo a integración e coexistencia das culturas propias do campo e da cidade.

Semana do Medio Ambiente 2017

A actividade "Verdeando na horta", prevista para o domingo 28 de maio dentro das actividades da Semana do Medio Ambiente 2017, cambiouse por motivos climatolóxicos para o día 11 de xuño. A cita será entre as 11:30 e as 18:30 horas na horta da Carballeira a cargo de Sustinea.

Endoterapia arbórea

O Concello de Ourense aplica a Endoterapia para o coidado das prantas das zonas verdes da cidade. Trátase dun sistema novidoso que está a utilizar a CMA nos últimos días.

Horta urbana

O Concello ven de facer pública a lista deinitiva de admitidos/as ao procedemento para o outorgamento de autorizacións de uso de hortos municipais.

Semana do Medio Ambiente 2017

Como cada ano o Concello de Ourense organiza diversas actividades para conmemorar o día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o día 5 de xuño. Se realizarán actividades en diferentes puntos da cidade para concienciar a población en xeral e aos mais pequenos en particular da importancia de conservar o Medio Ambiente.

Unha rata

O Concello de Ourense afrontará a proliferación de ratas que, co tempo de primavera, volven aparecer en diferentes puntos da cidade. A partir desta semana, o departamento de Medio Ambiente intensificará os tratamentos preventivos de desratización, desinfección e desinsectación en todo o municipio, cunha primeira fase de choque que se desenvolverá durante todo o mes de maio.

Presentación das sendas peonís na comarca de Ourense

O Concello agradece á Xunta a súa sensibilidade co Plan de Sendas de Galicia, trala reunión mantida o 3 de maio co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente, José Araújo, na que lles trasladou que  o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a licitación da redacción do proxecto de construción das sendas peonís e ciclistas na comarca de Ourense.