Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

Piscina termal de As Burgas

A estación termal das Burgas reabrirá as súas portas ao público o mércores, 23 de agosto, no seu horario habitual de 10 a 13h e de 17 a 21 horas. Durante o22 de agosto permanecerán pechadas despois de que o día 21, dentro dos traballos de mantemento, o Concello de Ourense realizase a substitución da bomba de subministración de auga ás termas. Durante o martes, estase a realizar o enchido das piscinas termais, e a estación volverá estar en servizo o mércores 23 no seu horario habitual (de martes a domingo).

Nava Castro firma o convenio xunto a Xesús Vázquez

O alcalde, Jesús Vázquez, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, veñen de asinar un Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ourense, para a realización de actividades de promoción, dinamización e fomento do turismo por un importe total de 116.000 euros.

Presentación do acordo entre o Concello e Logitravel

O Concello de Ourense, a través da Concellaría de Turismo e Termalismo, e o Grupo turístico Logitravel axuntan esforzos para promocionar a cidade de Ourense cun atractivo produto que se centra en ofrecer unha viaxe personalizada e empaquetado en tren Ave + hotel + coche + actividades. Unha iniciativa pioneira no sector coa que o Concello e Logitravel buscan acompañar ao viaxeiro durante todo o proceso da viaxe, co fin de ofrecerlle unha experiencia completa e única.

Entrega de premios do Concurso Sabores de Ourense

O salón de plenos do Concello de Ourense foi escenario da entrega de premios aos gañadores do sexto concurso Sabores de Ourense – Primavera (do 27 abril ao 7 de maio). Ao acto asistiron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar, o secretario da Unión de Hostaleiros de Ourense, Javier Outomuro e representantes das firmas patrocinadoras. A estimación dos votos do público dá como resultado máis de 3.500 pinchos servidos durante o concurso.

Concurso Sabores de Ourense

O Gastro-Bar Sanmiguel é galardoado co primeiro premio do Concurso de pinchos de primavera Sabores de Ourense. O luns 15 de maio procederas e entrega de premios no Salón de Plenos do Concello, onde se darán a coñecer a maiores os gañadores dos 3 premios do público, o premio da aplicación “Sabores de Ourense” e máis o premio especial celíacos.

Cartel do concurso de pinchos

Do 27 de abril ao 7 de maio volven os Sabores de Ourense, unha nova edición do Concurso de Pinchos na súa versión máis primaveral: 41 pinchos a concurso, pequenas delicias elaboradas con produtos de tempada e de produción local e integrada. Faite co mapa da ruta, elixe os teus favoritos, proba, saborea e non esquezas votar polo que máis che guste. Tedes 15 días para probalos todos a un prezo redondo, non máis de 2,50 €

Oficina de Turismo de Ourense

A Semana Santa en Ourense volveu deixar as excelentes cifras de turistas de 2016, cun milleiro de persoas atendidas nas Oficina de Turismo municipal no período do 13 ao 16 de abril. “Cos establecementos hoteleiros e hostaleiros colgando o cartel de cheo total, a percepción das rúas e terrazas, así coma dos principais enclaves turísticos desta cidade, a semana santa foi dun éxito total”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Claustro de San Francisco

O Claustro de San Francisco abrirá co seu horario habitual o xoves e venres desta semana, malia ser días festivos. O recinto abrirá en horario de de 11.30 a 13.30 horas, pola mañá, e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde. O resto das semana, o claustro gótico manterá os seus horarios habituais: sábado de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas e domingo só pola mañá (de 11:30 a 13.30 horas). O luns permanecerá pechado, como é habitual, por descanso do persoal.

Piscina termal de As Burgas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Mundial da Auga ampliando os horarios da piscina termal das Burgas do 22 ao 25 de marzo ata as 23.00 horas. Unha oportunidade única para gozar dun baño termal baixo as estrelas neste sitio histórico.

Visita as obras realizadas polo obradoiro de emprego

Este martes, 21 de marzo, tivo lugar o acto de clausura e remate do Obradoiro de Emprego “Ourense Termal” que ofreceu formación e capacitación profesional a 40 persoas e permitiu realizar melloras na ribeira termal e no entorno do Centro de Interpretación das Burgas.