Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Voluntariado

Áreas

Presentación da campaña "Á caza da cabicha"

O Concello inicia unha campaña para concienciar a cidadanía sobre o problema medioambiental de tirar cabichas ao chan. As concellerías de Voluntariado, Limpeza, Medio Ambiente, Seguridade Cidadá e Ecourense colaboran na iniciativa, que desenvolverá Sustinea. Grupos de voluntarios exercerán de educadores ambientais, farán performances, recollerán cabichas nos barrios e as exporán no Paseo.

Presentación da campaña con Stop Accidentes

Reducir o número de atropelos na cidade sensibilizando a peóns sobre as consecuencias dos accidentes. Ese é o grande obxectivo da campaña de sensibilización que Stop Accidentes porá en marcha nas rúas da cidade en colaboración coa Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense e o apoio do concesionario de Renault, Luís Aragonés.

Jesús Vázquez durante a Feira do Voluntariado 2016

O Concello de Ourense unirase á celebración, o día 5 de decembro, do Día Internacional do Voluntariado, cunha serie de actividades divulgativas e de sensibilización que se realizarán o luns, 5, e o mércores, 7.

Servizo de Voluntariado

Queres participar nos servicios de voluntariado do Concello de Ourense e non sabes como inscribirte? A continuación explicamos os requisitos e impresos necesarios para colaborar coma voluntario

Servizo de Voluntariado

O Concello de Ourense­ Concellería de Voluntariado foi acreditado pola Comisión Europea, Programa Mocidade en Acción como organización de acollida, de envío e organización coordinadora no Servizo Voluntario Europeo, do Programa ERASMUS +

Necestámoste, tes moitos programas nos que colaborar.