Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

Praza Maior de Ourense

A concellería de Xuventude ven de facer públicos os nomes dos rapaces e rapazas seleccionados para participar no Campamento de Verán Infantil-Xuvenil organizado de forma conxunta coa concellería de Asuntos Sociais

Concello de Ourense

A Concellería de Xuventude ten aberto o prazo de inscrición de dous talleres dirixidos aos mozos e mozas da nosa cidade, que teñen como obxectivo ensinar técnicas de motivación para afrontar o futuro, dun xeito lúdico e en contacto co medio natural

Praza Maior de Ourense

A Concellería de Xuventude e a Concellería de Asuntos Socias organiza conxuntamente un Campamento de Verán Infantil-Xuvenil para 50 nenos/as (30 plazas para Asuntos Sociais e 20 para Xuventude).

O Concello de Ourense súmase ás celebracións do Día do Orgullo LGTBIQ+ cunha mesa informativa emprazada na rúa do Paseo -fronte á sala Valente- de 10:00 a 13:30 horas, e na que se desenvolverá a campaña "Like pola diversidade" que pretende potenciar o respecto á diversidade sexual na rede e contribuír á difusión de contidos que promovan a visibilidade e respecto pola diversidade.

Campamento Urbán de Amencer

O Campamento Urbano, organizado pola Asociación Xuvenil Amencer en colaboración coas concellerías de Xuventude e de Voluntariado, chega en 2017 á súa trixésima edición. Do 1 ao 11 de agosto, e aberto á participación de todos os rapaces e rapazas de entre 8 e 15 anos de idade (infantil), está especialmente destinado aos que non poden gozar doutras opcións de lecer en verán por motivos diversos (estudos, nivel económico...).

Cartaz dos obradoiros de emprendemento

A área de Xuventude do Concello de Ourense quere desenvolver o potencial da mocidade ourensá e axudarlles a atopar os seus recursos, “os que teñen menos desenvolvidos e mesmo os que descoñecen”, a través de catro obradoiros que conxugan diversión e medio ambiente: Motivación, Comunicación, Paintball e Coaching son as catro propostas da Concellería para maiores de 16 anos.

Web da Concellería de Xuventude

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense procede a convocar axudas en materia de xuventude para o exercicio 2017, que contan cun presuposto de 15.023,86 euros. O prazo de solicitude vai dende o 6 ate o 26 de xuño.

Cartaz informativo sobre as gravacións no Espazo Lusquiños

O Concello de Ourense segue a avanzar nas políticas formativas e de lecer para a mocidade. O Espazo Lusquiños, convertido “nunha dinamo creadora e dinamizadora”, en palabras do alcalde, Jesús Vázquez, vén de presentar senllas iniciativas a prol dos músicos emerxentes: o primeiro álbum recompilatorio LSQ-1, e o taller de gravación.

Presentación do recopilatorio do Espazo Lusquiños

A concellería de Xuventude do Concello de Ourense presenta o primeiro CD recopilatorio dos grupos usuarios do Espazo Lusquiños, grupos noveles e xente con ilusión e entusiasmo que ensaia nos locais e que presentan no cd algunhas das súas composicións.

Alumnos do IES Blanco Amor no salón de Plenos

Unha trintena de alumno/as do IES Blanco Amor acudiron ao Salón de Plenos do Concello de Ourense, no marco do I Plan de Infancia e Adolescencia, para expoñerlles aos políticos as conclusións dunha xornada de traballo -que comezou o pasado 21 de abril e seguíu desde entón co traballo na aula baixo a tutela do profesorado- sobre a súa visión do modelo de cidade.