Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Pode que se dea o caso de que vostede non dispoña de ningún dos certificados admitidos para a acceder á Carpeta Cidadá. De ser este é o seu caso, pode solicitar un PIN de acceso á Carpeta Cidadá.

Para poder dispor do PIN de acceso, deberá cubrir o formulario de solicitude de acceso á Carpeta Cidadá. Unha vez realizada a solicitude recibirá unha mensaxe de correo electrónico, indicándolle cando pode achegarse a Oficina de Atención ao Cidadán a recoller as súas claves de acceso. Recorde que deberá acudir coa documentación que se indica a continuación:

  • Coa finalidade de protexer o acceso aos datos confidenciais contidos na Carpeta Cidadá, deberá aportar o orixinal e a copia da súa documentación persoal (DNI, tarxeta de residencia ou NIE en formato carné)
  • Deberá acudir co documento ''Condicións para a utilización do servizo Carpeta Cidadá do Portal Web do Concello de Ourense (pdf)'' asinado. No caso de non sexa posible que vostede imprima ditas condicións, o Concello proporcionaralle o documento que vostede deberá ler e asinar.
  • No caso de que faga a solicitude unha terceira persoa en nome do interesado, deberá aportarse o orixinal e a fotocopia dun poder notarial expreso para a súa solicitude. Ademais, tamén deberase aporta unha fotocopia da documentación persoal que identifica o solicitante (DNI, NIE ou Permiso de Residencia) e orixinal e fotocopia da documentación persoal que identifica o autorizado (DNI, NIE o Permiso de Residencia)
  • No caso de que vostede represente a algunha entidade xurídica (empresas, asociacións,...) deberá proporcionar documento que acredite a representación.