Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Ronda Bulevar, un dos proxectos máis ambiciosos do Concello de Ourense, presentouse o 27 de novembro do 2008 no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo. O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, interviñeron na presentación. A propia concelleira matizou que "é un proxecto que leva máis de corenta anos en mente, e esperamos executalo en 4-6 anos".

O proxecto cohesionará a cidade conectando os barrios de O Couto, Rabo de Galo, Salto do Can, A Carballeira, Marcelo Macías, Finca Sevilla e Mariñamansa.

A nova entrada e saída á cidade que prevían os Plans de Urbanismo de 1961, 1986 e 2003, e que nunca se chegou a executar, faise agora realidade co novo motor de desenvolvemento urbano do Ourense do futuro.

O proxecto cohesionará a cidade conectando os barrios de O Couto, Rabo de Galo, Salto do Can, A Carballeira, Marcelo Macías, Finca Sevilla e Mariñamansa.

A Ronda desconxestionará de tráfico o centro da cidade, converténdose nun novo eixo de comunicacións calternativo ás rúas Progreso e Avenida de Zamora. O vial enlazará directamente Finca Sevilla, A Carballeira e O Couto sen pasar polo centro da cidade e crea novas sañidas cara a Vigo, Madrid, Barbadás, Celanova, Seixalbo ou San Cibrao.


Documento: