Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Praza da Imprenta nº 2, 4º
Centro Histórico
Ourense (32005) Situar en mapa

Teléfono: 988 388 100 ext.1438 e 1452


Funcións:

O Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense é o órgano especializado no coñecemento e resolución das reclamacións económico-administrativas sobre os actos de xestión, liquidación, recadación e inspección de tributos e ingresos de dereito público que sexan competencia do Concello de Ourense e das entidades de dereito público vinculadas ou dependentes do mesmo.

Así mesmo emite ditames sobre os proxectos de Ordenanzas Fiscais e elabora estudos e propostas en materia tributaria a requirimento dos órganos municipais competentes.
Créase ó abeiro do establecido na Lei 57/2003, de 16 de decembro, sobre medidas para la modernización do goberno local que establece un réxime xurídico específico para os municipios de gran poboación, adicionando á Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, un título X, cuxo ámbito de aplicación se detalla no artigo 121 da referida Lei.

Membros do Tribunal:

  • Presidente: Luis María Bermúdez de la Puente Villalba
  • Vogal: Francisco Cacharro Gosende
  • Vogal-secretario: Julián Resino Santamaría

Normativa de aplicación:

  1. Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
  2. Real decreto 520/2005, de 13 de maio, polo que se aproba el Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei xeral tributaria, en materia de revisión en vía administrativa.
  3. Regulamento do Tribunal Económico-Administrativo do Concello de Ourense (BOP de Ourense nº 143 de 24/06/2005).

Documentos: