Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O Concello e o Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital subscribiron o 19 de abril un acordo de colaboración para situar a Ourense como referente mundial da xeotermia, tal e como puxo de manifesto o ministro Álvaro Nadal trala sinatura.

Jesús Vázquez e Álvaro Nadal asinaron este documento, no que a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do ministerio, séntase unha base sen precedentes na cooperación institucional e no posicionamiento de Ourense como cidade cun altísimo potencial enerxético. Para elo, crearase unha comisión de traballo e seguimento entre ambas administracións para dinamizar conxuntamente e impulsar proxectos que contribúan á difusión e uso da enerxía geotérmica en proxectos e plans innovadores de eficiencia energética e de enerxías renovables.

O ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital sinalou que Ourense ten as características e o potencial necesario para se convertir “nun símbolo a nivel mundial do aproveitamento enerxético da xeotermia”, e agradeceu expresamente ao alcalde “a súa iniciativa política para levar a cabo o que será un fito para esta cidade, situándose como exemplo do tipo de política enerxética que require o futuro”

O alcalde explicou que o proxecto leva xestionándose desde hai meses con diversas reunións con técnicos do IDAE, “coñecedores do noso potencial geotérmico, con este acordo de colaboración pretendemos dinamizar conxuntamente e impulsar proxectos que contribúan á difusión e uso da enerxía geotérmica en proxectos e plans innovadores de eficiencia energética e de enerxías renovables”. Este plan de traballo realizarase mediante un equipo de traballo conxunto e unha comisión mixta de control e seguimiento, con representantes municipais e ministeriales.

O acordo

O acordo contempla mellorar a difusión e sensibilización social do potencial e vantaxes desta enerxía limpa, identificar as entidades (investigadoras, empresariais, tecnolóxicas ou doutros ámbitos públicos ou privados) que poidan colaborar neste desenvolvemento. E tamén impulsar proxectos piloto demostrativos en función dos criterios que defina a comisión.

Algo moi importante deste acordo de colaboración é que ambas institucións buscarán conxuntamente fontes financeiras de ámbito autonómico, estatal ou europeo para viabilizar a execución dos proxectos piloto. De feito, o alcalde, Jesús Vázquez, avanzou que outras administracións se irán incorporando a este proxecto de futuro para Ourense.

Jesús Vázquez lembrou tamén que O Concello de Ourense xa leva dando pasos neste camiño. “Como recordarán, en agosto de 2016 anunciamos tamén que o Concello acababa de presentar o proxecto GEOAtlantic á primeira convocatoria do Programa Interreg Espazo Atlántico 2014-2020. Xa daquela contamos co visto bo do IDAE, que nos puxo en contacto con outras cidades e organismos para buscar aliados neste proxecto que busca estudar as posibilidades de desenvolvemento de enerxía geotérmica no territorio como fonte de enerxía renovable e impulsar proxectos demostrativos. “Ourense, con estes pasos que estamos dando, sitúase como referente de innovación á hora de rendibilizar os nosos recursos naturais para xerar riqueza e oportunidades de negocio e crecemento”.