Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, apostou por converter Ourense nunha “etapa consolidada” na Vía da Plata con motivo da presentación no salón de plenos da nova web de Correos adicada ao Camiño de Santiago.


O acto no salón de plenos contou coa presenza do director de Correos para Galicia, Asturias e Castela-León, Angel Pérez, e o director da oficina principal en Ourense, Avelino Rodríguez.


Vázquez ha incidido na necesidade de “aplaudir calquera axuda como a que, a través desta web, presta Correos” coa descrición das etapas aloxamentos, teléfonos de interese e consellos para os que realizan a peregrinaxe.


O portal elcaminoconcorreos.com presenta información e fotos de nove rutas xacobeas, entre elas as dúas que pasan pola provincia ourensá: a Vía da Plata e o Camiño Sanabrés (que percorre o norte da provincia).


“Os novos tempos demandan novos servizos. Xa non viaxamos bruxula en mán, e son moitos os peregrinos que navegan a través dos seus teléfonos móviles durante a etapa para atopar servizos no destino “, sinalou o edil.


Para Vázquez “estar ben posicionados nesa búsqueda significará unha maior alfuencia de caminantes” e convertirse nunha referencia no Camiño.