Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O Goberno Local de Ourense e Democracia Ourensana deron por finalizada a negociación iniciada para salvar a situación dos Servizos Sociais da cidade.

O alcalde, Jesús Vázquez, e o portavoz de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, explicaron trala última reunión da negociación que o acordo ao que chegaron PP e DO baséase nunha reducción do 20% do Imposto de Bens Inmobles, que se realizará de xeito efectivo en dous tramos durante os anos 2018 e 2019 (10%+10%).

Esta medida non porá en risco, en ningún caso, a estabilidade orzamentaria do Concello, segundo as estimacións dos informes técnicos.

O alcalde, Jesús Vázquez, agradece a Democracia Ourensana a súa responsabilidade á hora de manifestar e demostrar a súa vontade de buscar solucións ao difícil problema respecto aos Servizos Sociais, logo dunha ardua negociación política.