Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, polo que se traspón a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016.

Esta declaración de accesibilidade aplicase ao sitio web https://www.ourense.gal/, e excluirá os contidos incrustados provenientes doutros dominios.

Situación de cumprimento

Este sitio web está parcialmente de acordo co Real Decreto 1112/2018 debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co Real Decreto 1112/2018
    • Nalgunhas páxinas a información, estrutura e relacións non están determinadas por software ou non teñen alternativa como texto. [requisito número 9.1.3.1 da UNE-EN 301549:2019 de información e relacións]
    • Nalgunhas páxinas utilizase a cor como único medio visual para transmitir información, indicar unha acción, provocar unha resposta ou distinguir un elemento visual. [requisito número 9.1.4.1 da norma UNE-EN 301549:2019 uso da cor]
      Nalgunhas páxinas puidéronse utilizar imaxes de texto en lugar de texto para transmitir información. [requisito número 9.1.4.5 da norma UNE-EN 301549:2019 imaxes de texto]
    • Nalgunhas páxinas o contraste dos compoñentes de interface de usuario e de obxectos gráficos podería non chegar ao 3:1 coas cores adxacentes. [requisito número 9.1.4.11 da norma UNE-EN 301549:2019 contraste non textual]
    • Nalgunhas páxinas algúns elementos non teñen o foco do teclado. [requisito número 9.2.1.1 da norma UNE-EN 301549:2019 Teclado]
    • Nalgunhas páxinas non existe o mecanismo para omitir bloques de contido que se repiten en varias páxinas. [requisito número 9.2.4.1 da norma UNE-EN 301549:2019 evitar bloques]
    • De maneira puntual algún enlace podería non ter definido o propósito especifico de maneira textual.
      [requisito número 9.2.4.4 da norma UNE-EN 301549:2019 propósito dos enlaces]
    • Nalgunhas páxinas ao recibir o foco da interface de usuario se podería iniciar un cambio de contexto automático sen avisar a persoa usuaria. [requisito número 9.3.2.1 e 9.3.2.2 da norma UNE-EN 301549:2019 ao recibir o foco e ao recibir entradas]
    • Nalgunhas páxinas pode haber atributos e ID duplicados [requisito número 9.4.1.1 da norma UNE-EN 301549:2019 procesamento]
    • Nalgunhas páxinas os compoñentes da interface de usuario, como elementos de formulario, enlaces e compoñentes xerados por script, non seguen a estrutura recomendada polas pautas de accesibilidade. [requisito número 9.4.1.2 da norma UNE-EN 301549:2019 Nome, función, valor]
  2. Carga desproporcionada

    Non aplica.

  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
    • Poden existir arquivos de ofimática en PDF e noutros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles si os cumpran.
    • Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos por este concello nin estean baixo o noso control, como por exemplo, arquivos ofimáticos.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 10 de novembro de 2020.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola empresa Everycode S.L o 27/11/2020.
Última revisión da declaración: 09 de decembro de 2020.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do RD 1112/2018) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

Utilizando o formulario de contacto ou chamando ao teléfono 988 392 909.

Pode presentar:

  • Una Queja relativa al cumplimiento de los requisitos del RD 1112/2018
  • Una Solicitud de Información accesible relativa a:
    • Contenidos que están excluidos del ámbito de aplicación del RD 1112/2018 según lo establecido por el artículo 3, apartado 4.
    • Contenidos que están exentos del cumplimiento de los requisitos de accesibilidad por imponer una carga desproporcionada.

Na Solicitude de información accesible, débese concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e peticións que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

A través da Solicitude Xenérica da Sede electrónica, así como do resto de opcións recollidas na Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade do Concello de Ourense.

Procedemento de aplicación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente se poderá iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

Contido opcional

Este sitio web está optimizado para os navegadores M.S. Internet Explorer 11 e as últimas versións vixentes de M.S. Edge, FireFox, Safari, Opera e Google Chrome.
O sitio web está deseñado para a súa visualización Responsive, polo que se verá de forma óptima nos dispositivos tableta e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para a súa visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.