A comisión para a elaboración da ordenanza do botellón coincide na urxencia dunha regulación municipal para atallar os problemas de saúde pública e de convivencia

21 de xullo de 2021 - 11:09


Imagen de noticia

A Comisión de Traballo para elaborar a 'Ordenanza reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde derivada do consumo, venta e publicidade do alcohol', a coñecida coma ordenanza do botellón, reuniuse esta mañá por segunda vez, no salón de plenos, convocada pola concelleira de Sanidade, Eugenia Díaz Abella.

Na xornada de hoxe traballouse sobre as emendas presentadas polos diferentes partidos políticos e cunha idea clara: a de sacar a normativa canto antes para suprimir o alcol nas rúas, “un problema de saúde pública e tamén de convivencia”, afirma Díaz Abella. Os grupos coincidiron na idoneidade de contar cunha normativa municipal, a maiores da autonómica, e na necesidade de presentar plans alternativos de lecer para a mocidade.

A Comisión volverá reunirse a segunda semana de setembro, cando poderán contar co respaldo de argumentos xurídicos ao respecto do acordado esta mañá.