A concelleira de Urbanismo reúnese con representantes veciñais da zona da antiga estación de buses para explicarlles o proxecto de residencia previsto na parcela

13 de setembro de 2021 - 13:32

Sonia Ogando manifestoulles a importancia de que se aprobe a modificación de uso da parcela no pleno extraordinario que se celebra mañá, martes 14.


...

A concelleira de Urbanismo do Concello de Ourense, Sonia Ogando, reuniuse esta mañá con representantes das asociacións de veciños da contorna da antiga estación de autobuses para explicarlles o proxecto da residencia de maiores que pretende construír a Fundación Amancio Ortega, así como da importancia de que se aprobe a modificación de uso da parcela no pleno que se celebrará mañá, martes 14.

A concelleira puxo de manifesto a importancia desta dotación para a cidade de Ourense e a importancia que ten o cambio de uso para que o proxecto poida seguir avanzando. Os veciños, pola súa banda, amosáronlle o seu desexo de que os grupos da oposición reconsideren a súa postura na sesión extraordinaria de mañá.