Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
3 de xaneiro de 2022 - 12:22
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Participación Cidadá que dirixe Flora Moure, oferta 119 cursos para desenvolver durante este ano nas asociacións veciñais, considerando as solicitudes formuladas por estas entidades.
“O noso compromiso coa participación cidadá e o movemento veciñal refórzase coa oferta destes cursos tan demandados, logo de que a semana pasada aprobásemos os convenios de colaboración coa Federación Limiar e a Agrupación Miño para que poidan continuar coas súas actividades e funcionamento”, sinala a concelleira Flora Moure.
Encaixe de bolillos, iogapilates e zumba son os máis demandados, así como ximnasia de mantemento, pilates, memoria, iniciación á pandeireta e canto, informática básica e uso do móbil, arte floral e restauración de antigüidades e manualidades. Os cursos darán comezo este mes de xaneiro se as condicións sanitarias por mor da pandemia así o permiten.