A Concellería de Seguridade Cidadá dotará de drons os servizos de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil

11 de xaneiro de 2022 - 14:06

Valóranse diferentes modelos para buscar o que poida resultar de maior utilidade a estes servizos | Tamén se lle proporcionará formación ao persoal de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil


Imagen de noticia

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ourense dotará os servizos de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil de drons que lles servan de apoio nas súas actuacións. Durante estes días, representantes destas áreas municipais asisten a demostracións para coñecer as prestacións dos modelos de máis alta calidade destas pequenas aeronaves pilotadas por control remoto, que poden resultar de grande utilidade en intervencións como o control do tráfico, o control de masas ou a busca de persoas desparecidas, entre outras.

A Concellería de Seguridade valorará agora diferentes modelos para buscar o que poida resultar de maior utilidade a estes servizos. Tamén se lle proporcionará formación ao persoal de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil para que poidan extraerlle o mellor rendemento a estes equipos.