Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
5 de abril de 2022 - 14:09
A Fundación Orange e CIMO crean a primeira Aula EDYTA de Galicia en Ourense, para favorecer a empregabilidade de mulleres vulnerables en risco de exclusión.
A concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, agradeceu á Fundación Orange, representada polo seu director, Daniel Morales, o seu compromiso social a través do programa EDYTA, “sobre todo nun ámbito tan necesario hoxe en día como é o da dixitalización para favorecer a empregabilidade de mulleres en risco de exclusión”.
Así mesmo, Díaz Abella tamén manifestou o seu agradecemento a CIMO, co seu representante, Eduardo González Tombo, “polo seu compromiso e o seu labor dedicado á prestación de servizos relacionados coa formación e a inserción laboral, tan importantes hoxe en día”.
“O desenvolvemento de competencias dixitais é unha ferramenta clave no presente e o futuro laboral. Desde o Concello de Ourense valoramos, apoiamos e apreciamos todas as iniciativas sociais que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas, e esta que ofrece a Fundación Orange e CIMO sen dúbida é un exemplo perfecto de colaboración en beneficio de mulleres que desexan acceder ao mercado laboral. A tecnoloxía como elemento de inclusión social sempre será unha excelente noticia para a nosa cidade”, recalcou a concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, durante a súa intervención.
Así, as 15 mulleres de cada edición que se formarán nesta aula adquirirán competencias que lles facilitarán a chave de acceso a un mercado laboral que sen esta formación terían restrinxido. “Sen dúbida, unha oportunidade para 30 familias e que confiamos que se estenda a máis beneficiarios, algo para o que sempre contarán co Concello de Ourense e, en concreto, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade que dirixo. Estaremos sempre á súa disposición e á das entidades que como a Fundación Orange e CIMO que teñen un marcado carácter social e de inclusión”, concluíu Eugenia Díaz Abella.