Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
18 de maio de 2022 - 12:57
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, asistiron esta mañá ao inicio da campaña “Que brille a maxia, recicla vidro en familia”, que organizan Ecovidrio e Disneyland Paris, para celebrar o Día Mundial da Reciclaxe e o 30 aniversario de Disneyland París, na que Ourense foi elixida por primeira vez para participar.
Por primeira vez Ourense é elixida para participar na campaña “Que brille a maxia, recicla vidro en familia”, organizada por Ecovidrio en alianza con Disney para o fomento da reciclaxe.
O concelleiro Jorge Pumar destaca que a cidade de Ourense se atope entre as participantes dunha das mellores campañas de sensibilización ambiental de Europa.
Por primeira vez, os miniglús dos Personaxes Disney poderanse adquirir a través da páxina web www.miniglu.es. Todos os beneficios irán destinados aos proxectos da Fundación Aladina
Pumar anima a todos a participar, e a demostrar que os ourensáns somos responsable co medio ambiente e somos xenerosos cos retos sociais da nosa sociedade.
Máis información en: Nota de prensa