Responsive image 09-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

A xunta de goberno actualiza a delegación de competencias nos concelleiros e nas concelleiras do goberno municipal

13 de xaneiro de 2022 - 10:37

Na súa sesión desta semana, abordou 15 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais


Imagen de noticia

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou esta mañá a delegación de competencias propias deste órgano municipal na Alcaldía e nos concelleiros e as concelleiras con responsabilidades de goberno, nas súas respectivas áreas de xestión. Con este acordo, actualízase a delegación de competencias nas persoas integrantes do goberno municipal logo da incorporación do novo concelleiro Antonio Fernández Martín.

O acordo aprobado esta mañá recolle estas delegacións:

  • Na Alcaldía: Recursos Humanos, Contratación, Infraestruturas, Artes e Festexos, Promoción económica, Mobilidade e Transporte

  • Jorge Pumar Tesouro: Medio Ambiente

  • Sonia Ogando Vázquez: Urbanismo e Patrimonio

  • José Mario Guede Fernández: Deportes

  • Flora Moure Iglesias: Turismo, Termalismo, Participación Cidadá e Xuventude

  • Eugenia Díaz Abella: Asuntos Sociais, Saúde, Muller e Igualdade

  • Telmo Ucha Álvarez: Seguridade Cidadá

  • Ana María Fernández Morenza: Economía e Facenda

  • Armando Ojea Bouzo: Servizos Xerais

  • Antonio Fernández Martín: Educación e Comercio.

Persoal e recursos humanos (1)

A xunta local aprobou inicialmente a modificación número 1/2021 da Relación de Postos de Traballo do Consello Municipal de Deportes, relativa á determinación da modalidade de concurso aplicable á provisión de postos de traballo.

O acordo dí que a provisión definitiva da totalidade dos postos de traballo previstos na RPT realizarase mediante concurso ordinario, coa excepción da Xefatura de Administración, que se proverá mediante libre designación conforme ao previsto na modificación nº 2 /2021 da RPT do CMD, e a Xerencia que, dada súa natureza de órgano directivo, proverase mediante libre designación, conforme ao seu réxime específico.

Este acordo de aprobación inicial someterase ao trámite de información pública por prazo de vinte días hábiles, mediante un anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia

Cultura (1)

Expedir orde de depósito dunha fianza a favor da Axencia Galega de Infraestruturas por importe de 100 euros pola ocupación temporal de estradas de titulariedade da Xunta con motivo da Cabalgata de Reis.

Avogacía Consistorial (12)

A xunta de goberno local tomou coñecemento de tres resolucións xudiciais:

- Sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 que estima o recurso dunha particular que presentou unha reclamación de responsabilidade patrimonial por lesións producidas ao caer na beirarrúa da Avenida de Portugal a causa dunha focha. A sentenza condea o Concello a indemnizala por importe de 7.879,6 euros.

- Sentenza do Xulgado do Contencioso número 1 que desestima o recurso dun particular fronte a unha multa

- Auto do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1, que require o Concello para que no prazo dun mes execute as obras de demolición dunha vivenda

Por outra banda, o Concello comparecerá diante dos xulgados do contencioso administrativo nos procedementos ordinarios relativos a:

  • os estatutos e bases de actuación da área de reparto 12-N,

  • presunta inactividade en materia de expropiación polo pagamento dun xustiprezo da “Finca Acevedo”

  • contra o decreto que acordou o bloqueo dunha canalización irregular para eliminar verteduras

  • Tres procedementos ordinarios de particulares e empresas fronte a liquidacións do imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana

  • Outro interposto por unha empresa por liquidacións do imposto de bens inmobles

  • Unha sanción imposta a un particular por unha infracción grave de tráfico

  • Un xuízo por delitos leves polos feitos derivados dun atestado da Policía Local