Comeza a preinstalación das luces de Nadal en Ourense

2 de agosto de 2021 - 09:24

“Nunca antes se fixera con tanta previsión”, asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen apunta ao venres anterior á ponte da Constitución -3 de decembro- como data de acendido


Imagen de noticia

A empresa contratada para a instalación, mantemento e retirada das luces de Nadal, Ximénez Iluminación, comezará este martes, 3 de agosto, a colocar ao longo da cidade a infraestrutura eléctrica necesaria para a montaxe das luces. “Nunca antes se fixera con tanta previsión”, afirma o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen confía en “non pasar as présas de última hora doutros anos”.

Para o acendido da iluminación artística haberá que agardar até o venres anterior á ponte da Constitución, que será o venres 3 de decembro. Na opinión do alcalde, sería “un erro acendelas en novembro”, como se fai noutras cidades, “xa que desvirtúa e satura o efecto do Nadal”.