Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
27 de novembro de 2021 - 14:46
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, Isabel Pardo de Vera asinaron esta semana o convenio de colaboración entre ambas entidades para levar a cabo as obras de mellora de permeabilidade viaria na rúa de Ramón Puga e na localidade de Tarascón. Con este documento queda desbloqueada a execución destes proxectos, nos que ambas entidades viñan traballando desde 2016, e que agora reciben o impulso definitivo. A sinatura do convenio era o último trámite pendente para que ADIF poida licitar as obras e executalas.
O convenio ten como obxecto a execución de dous proxectos de mellora de permeabilidade da cidade en contornas polas que pasa a vía do tren, concretamente na rúa de Ramón Puga, onde existe un paso inferior para peóns e vehículos baixo a liña Zamora-A Coruña, e na localidade de Tarascón, onde un viaducto serve de paso superior para salvar a liña Monforte-Vigo. Para mellorar as condicións de uso executaranse obras de ampliación dos dous pasos existentes.
As obras son financiadas ao 50% polas dúas entidades tanto no relativo ás expropiacións de terreos como á execución das obras. Será en total un investimento de 1.178.550 euros, dos que Concello e ADIF achegarán 589.265 cada un. O ente ferroviario asumirá a licitación, adxudicación e execución das obras. Unha vez rematadas, entregarálle os viais ao Concello, que se encargará da súa conservación e mantemento, mentres que a infraestrutura ferroviaria seguirá sendo xestionada por ADIF. De acordo as previsións das dúas administracións, as previsión son adxudicar e iniciar a execución das obras no próximo ano 2022.
O goberno municipal expresa a súa satisfacción pola sinatura deste convenio, xa que estas obras “son moi necesarias e dan resposta a unha demanda que a veciñanza viña facendo desde hai anos. Agora o máis importante é que coa sinatura deste convenio xa temos un acordo firme e xuridicamente vinculante e consolidado para facer estas obras, que esperamos ver en marcha no próximo ano 2022”. Neste senso, o convenio ten a súa orixe nun protocolo asinado polo Concello e ADIF en 2016 polo que a entidade ferroviaria se comprometía a elaborar os proxectos. Estes se remataron a finais de 2018. Desde aquela data traballábase para avanzar na sinatura do convenio, cuxo articulado aprobouse finalmente no pleno do Concello do día 5 de novembro, e que se asinou electronicamente o día 24.