Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
20 de decembro de 2021 - 11:35
O Concello de Ourense e Urbanos de Ourense, empresa concesionaria do transporte urbano, levarán a cabo unha xornada de portas abertas polo Nadal. Os vindeiros 22 e 23 de decembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e 16:00 a 18:00 horas, un autobús decorado con motivos navideños estará estacionado na praza Bispo Cesáreo para que todos aqueles que o desexen poidan visitar o autobús, sacarse fotos e coñecer máis sobre o transporte público.
A acción ten por finalidade agradecerlles aos viaxeiros a súa confianza no bus urbano como o seu modo de transporte seguro en pandemia, así como achegar o transporte urbano aos máis pequenos da casa. Todos aqueles que se acheguen ao bus nas datas sinaladas poderán subir a bordo, coñecer as normas do servizo, algunha curiosidade do transporte urbano e sacarse fotos de recordo co vinilado navideño.
Recollida de alimentos en beneficio do Banco de Alimentos de Ourense
Ademáis da xornada de portas abertas, no autobús tamén realizarase unha recollida de alimentos en colaboración con Banco de Alimentos de Ourense que leva a cabo unha labor moi importante na cidade en favor das persoas con menos recursos.
Todos aqueles que se acheguen ao autobús e deixen alimentos non perecedeiros para a campaña recibirán un pequeno agasallo navideño en recoñecemento da súa solidaridade.
AVANZA
AVANZA está integrada en Mobility ADO, compañía multinacional de orixe mexicana, especializada en mobilidade global. A compañía abarca diferentes modalidades de transporte de viaxeiros como o autobús, o metro, o tranvía e a bicicleta, cubrindo todas as necesidades de mobilidade dos seus clientes. A isto, súmanse a xestión de estacións de autobús e de áreas de servizo. Actualmente, é o primeiro operador privado de España de transporte urbano e metropolitano en autobús. Conta cunha frota superior a 2.400 autobuses, xestionada por un equipo de máis de 7.000 empregados. Avanza transporta máis de 300 millóns de persoas ao ano.
Avanza forma parte da UITP (Unión Internacional do Transporte Público), máximo organismo para a promoción do transporte público de viaxeiros e mobilidade sustentable, con sede en Bruxelas.
En Ourense, a través de Urbanos de Ourense, xestiona o transporte urbano da cidade, cunha frota de máis de 35 autobuses e transporta anualmente máis de 6 millóns de viaxeiros.