Concello e Urbanos de Ourense reforzan o servizo de autobuses para o Campionato de España máster de atletismo

25 de novembro de 2021 - 17:40

O sábado e o domingo os aficionados disporán dunha liña especial desde a estación intermodal até Expourense


Imagen de noticia

O Concello de Ourense e a empresa concesionaria Urbanos de Ourense poñen en marcha un servizo especial de autobuses urbanos con motivo do Campìonato de España de atletismo, na categoría master, que se desenvolve esta fin de semana en Expourense.
A liña especial irá desde a estación intermodal até Expourense con autobuses que sairán cada 80 minutos, desde as 7:35 até as 20:55 desde a estación da Ponte cara a Expourense e desde as 8:15 até as 21:35 horas desde Expourense cara á estación durante a xornada do sábado. O domingo, as saídas serán desde as 7:35h até as 15:35h desde a estación e desde as 8:15 até as 16:15 horas, desde Expourense,