Convocada para o 15 de setembro a comisión de investigación sobre o edificio de San Lázaro para o análise das conclusións

7 de setembro de 2021 - 11:02

· A concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, convocou as grupos políticos para esta decisiva reunión da devandita comisión, que servirá para pechar este proceso desde o punto de vista administrativo dentro do Concello.


...

A concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, convocou para o 15 de setembro a comisión de investigación sobre o edificio de San Lázaro coa fin de analizar as conclusión aportadas por todos os integrantes da comisión. Así, esta sesión de traballo, que se desenvolverá desde as 10:00 horas no Salón de Plenos, servirá para pechar este proceso desde o punto de vista administrativo dentro do Concello.

“Sempre manifestamos, tanto desde a oposición como desde o goberno municipal, a nosa total colaboración de transparencia para o esclarecemento dos feitos acaecidos, co máximo respecto ás resolucións xudiciais que foron xurdindo durante o transcurso do proceso”, sinala Sonia Ogando. “Agardamos que as conclusións sirvan para que non se volvan a producir feitos semellantes, alleos á impecable profesionalidade dos funcionarios municipais”.