Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
9 de febreiro de 2022 - 11:30
O Concello de Ourense réndelle unha sentida homenaxe a Zapata, cunha exposición que desde o xoves, día 10 de febreiro, acollerá a sala municipal José Angel Valente. A mostra organízase no marco do décimo aniversario do pasamento do artista, que se foi de xeito repentino o 17 de outubro de 2011 aos 55 anos de idade. Está composta por 43 obras de grande, mediano e pequeno formato. O Concello agradécelles a coleccionistas e a particulares, así como a institucións, o préstamo das súas obras, e as facilidades dadas para poder celebrar esta exposición, de grande interese para a cidadanía, na que quere ser unha homenaxe a un gran pintor e a unha gran persoa, moi vinculada á cidade de Ourense.
Aínda que non era ourensán de nacemento -naceu na Coruña e de mozo trasladouse a Ferrol-, Zapata estivo moi unido á cidade e, máis especialmente, ao centro histórico onde tivo un dos seus talleres.
Zapata era un artista cun estilo moi persoal e recoñecible. Pintor de gaiteiros, pero tamén de corpos espidos, de viño e música -a través de instrumentos musicais-, buscaba plasmar nas súas obras a alegría da xente á que representaba.
Na cidade, onde deu clases en dous centros, expuxo as súas obras no Museo Municipal e tamén no Centro Cultural da Deputación, aínda que na súa traxectoria vital non faltaron experiencias no estranxeiro, como a viaxe en coche que realizou a China ou, xa en 2000, cando foi a Venezuela durante medio ano para realizar un mural en Isla Margarita, entre outras.
A obra de Zapata é lembrada pola pluralidade das súas composicións e a súa capacidade para cambiar de rexistro. Bos exemplos desta variedade son a súa exposición “Pintura negra e dura” de gran formato -sobre o mar de Galicia e as súas mulleres- e “Os amores invisibles”, que ofrece as tradicións máis ourensás e o seu fermoso outono, estación na que faleceu.
A exposición inaugurarase o xoves, día 10 de febreiro, ás 20:00 horas, na sala municipal José Angel Valente, na rúa do Paseo, onde estará aberta ao público até finais do próximo mes de marzo