Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
3 de decembro de 2021 - 20:35
O Concello de Ourense acendeu a iluminación de Nadal 2021. Máis de 2,3 millóns de puntos de luz e 1.300 elementos e conxuntos contribuirán a dinamizar e a embelecer as rúas, prazas e demais espazos públicos da cidade para esta tradicional celebración festiva. O Concello de Ourense prorrogou para este ano o contrato asinado coa empresa Ximénez, logo da magnífica acollida que tiveron as luces de Nadal no ano 2020. A instalación da iluminación supón un investimento de 324.234 euros por parte do Concello.
As luces de Nadal de Ourense 2021 constan dun total de 2.327.694 puntos de luz, con 1.384 elementos ou conxuntos de elementos estendidos por todos os barrios da cidade. Concretamente:
362 arcos
4 letreiros de Felices Festas nas entradas da cidade
745 árbores decoradas
280 farolas
5 paraugas xigantes en prazas e glorietas
20 motivos especiais con diferentes elementos ou conxuntos de elementos en rúas e glorietas, como caixas de regalo ou o manto da rúa do Paseo, entre outros, situados en diferentes localizacións, tanto no centro como nos barrios
7.272 metros de tiras led en forma de teas de araña no centro histórico
O acendido das luces de Nadal de Ourense, correu a cargo dun mozo do Colexio de Educación Especial O Pino, nun acto que pretendeu contribuír a darlle visibilidade á problemática das persoas con trastorno do espectro autista. A continuación, actuou a Chattanooga Big Band e entraron en servizo o Poboado de Nadal da praza de Bispo Cesáreo e o espazo infantil do Parque de San Lázaro.