Listas provisionais de axudas para libros de texto, material escolar e comedores escolares do curso 2021/2022

22 de setembro de 2021 - 13:33

O Concello de Ourense publica a lista provisional de cualificación dos expedientes de libros de texto, material escolar e comedor escolar curso 2021/2022


Imagen de noticia

De acordo coas bases da convocatoria, ponse en xeral coñecemento o decreto número 2021007045 de 22 de setembro de 2021 que aproba a lista provisional de cualificación dos expedientes de libros de texto, material escolar e comedor escolar curso 2021/2022. Pódese consultar nos seguintes lugares:

  • Rúa Bispo Carrascosa nº. 8, baixo.
     
  • Taboleiro de edictos do Concello de Ourense.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións, se o estiman preciso, desde o día 24 de setembro até o 7 de outubro, incluído, presencialmente, a través do Rexistro Xeral do Concello, na rúa Barreira número 2, ou de forma telemática.