Responsive image 09-08-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Marta Sánchez ofrecerá un concerto no Auditorio, organizado polo Concello como colofón ao Entroido de Ourense 2022

12 de xaneiro de 2022 - 14:04

Será o sábado, 5 de marzo, con prezos populares / As entradas xa están á venda na web de Ataquilla


Imagen de noticia

A cantante Marta Sánchez actuará no Auditorio Municipal de Ourense o sábado, día 5 de marzo, nun concerto íntimo que servirá como colofón das festas do Entroido de Ourense 2022. O concerto está organizado polo Concello de Ourense como programación propia do Auditorio e terá prezos populares de 12 euros.

As entradas pódense adquirir na web de Ataquilla: Marta Sánchez en Ourense

sairán proximamente á venda a través da páxina web de Ataquilla.

O concerto forma parte da xira “A solas con Marta”, que a cantante está a desenvolver na actualidade, cunha banda reducida e formato acústico con coros e piano. Na súa actuación en Ourense repasará moitos dos grandes éxitos da súa traxectoria.

Chamada por moitos “A Raíña do pop español”, Marta Sánchez suma xa 35 anos de traxectoria profesional na música desde que entrase a formar parte da banda Olé Olé como vocalista. Desde entón é unha das grandes figuras do pop español, e as súas cancións marcaron a varias xeracións. O seu 35 Aniversario é o momento perfecto para repasar algúns dos logros máis destacados da súa extensa carreira.