O alcalde agradece o traballo realizado por Eduardo González, que presentou a dimisión como director de Recursos Humanos

11 de xaneiro de 2022 - 13:50

Co traballo realizado por González Gil, demóstrase, explica o alcalde, que a dirección xeral de Recursos Humanos era un cargo necesario e fundamental para o Concello


Imagen de noticia

Eduardo González Gil presentou esta mañá a súa renuncia como director xeral de Recursos Humanos por motivos persoais. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, agradece os servizos prestados polo director xeral que, explica, “realizou un excelente traballo técnico neste concello”, destacando o seu traballo para poñer en marcha convocatorias de emprego que eran moi necesarias ou a aprobación do horario laboral, que permitirá implementar un sistema de control horario do persoal municipal, entre outras.

Eduardo González retorna ao seu posto anterior como xurista do Servizo Galego de Saúde. O alcalde deséxalle a mellor das sortes e reitera o agradecemento pola labor realizada neste Concello. Co traballo realizado por González Gil, demóstrase, explica o alcalde, que a dirección xeral de Recursos Humanos era un cargo necesario e fundamental para o Concello, polo que proximamente cubrirá a praza que agora queda vacante