Responsive image 27-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O alcalde congratúlase de que a Xunta adquira terreos nas Lagoas para construír a súa nova sede na cidade

30 de decembro de 2021 - 12:07

Propón unha permuta de terreos municipais nesta zona a cambio de edificios que a Xunta posúe no centro da cidade


Imagen de noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, congratulouse esta mañá da decisión da Xunta de Galicia de adquirir terreos no barrio das Lagoas para construír a súa nova sede administrativa na cidade: “Esta foi unha proposta orixinal de Democracia Ourensana, que realizamos a comezos de ano, como proban as hemerotecas, e que agora a Xunta de Galicia leva adiante, polo que estamos moi satisfeitos”, asegurou.

O Concello de Ourense, que dispón de 3.800 metros cadrados de superficie edificable nesta contorna, está disposto a implicarse nesta iniciativa. Neste senso, explica o rexedor que xa lle comunicou á administración autonómica a disposición do goberno municipal a asinar un convenio polo que realizaría unha permuta, de forma que esta superficie de 3.800m2, actualmente municipal, pase a ser de titulariedade da Xunta de Galicia, para que esta poida ampliar a súa dispoñibilidade de espazos e edificios na zona. A cambio, a Xunta daríalle ao Concello a titulariedade de edificios que actualmente posúe no centro da cidade, que o Concello destinaría a acoller dependencias administrativas municipais.

Por outra banda, o alcalde tamén proporalle ao reitor da Universidade de Vigo que esta entidade adquira o resto da parcela urbanistica dispoñible nas Lagoas para destinala á construción de novos edificios universitarios para o desenvolvemento do campus de Ourense.

O Concello de Ourense mantén a súa idea de construír un aparcamento público con capacidade para 500 prazas, low cost na praza que se xerará no medio desta parcela, en solo público