O alcalde convoca pleno para o martes con 2 asuntos na orde do día: o cambio de uso da parcela da antiga estación de autobuses e a renuncia de Jesús Vázquez

9 de setembro de 2021 - 10:06

A Sesión plenaria terá lugar no Auditorio municipal o martes, 14 de setembro, ás 9:00 horas


...

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacome, convocou esta mañá unha sesión extraordinaria do pleno do Concello, que terá lugar no Auditorio municipal o martes, 14 de setembro, ás 9:00 horas, con dous puntos na orde do día:

1. Modificación puntual do PXOU de 1986. Cambio de uso da parcela sita en carretera de Vigo, 1B (referencia catastral 2497004NG9826S0001DK), antigamente destinada a estación de autobuses de Ourense.

2. Renuncia ao cargo de concelleiro de don Jesús Vázquez Abad