Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
14 de outubro de 2021 - 10:10
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía unha representación da Agrupación de Asociacións de Veciños do rural e da Periferia de Ourense, Miño. Na reunión, catalogada de amena e frutífera por ambas partes, falouse no novo sistema de autobuses que se pretende implantar no Concello, e que manterá o servizo que se lle presta á periferia, “se non é que se mellora”, en palabras do rexedor.
O actual sistema, explicou Pérez Jácome, está deseñado para a periferia da cidade e deixa o núcleo urbano á marxe: “Non se está a aproveitar o potencial do autobús”, mantén o alcalde. É por iso que a nova ordenación manterá as mesmas prestacións na periferia da cidade pero revolucionará o transporte para os cidadáns do núcleo urbano.
Plan de obras
Ademais do novo sistema de autobuses, os representantes da Asociación Miño interesáronse polo calendario do plan de obras. Desde a Alcaldía informóuselles do que se está a executar e facilitóuselles un contacto da Concellería de Infraestruturas para calquera consulta.