O alcalde recibe a Carlos González

7 de setembro de 2021 - 12:51

O músico é profesor de percusión da Escola de Gaitas da Deputación, director da banda da Carballeira e ex batería de Los Arquinos


...

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá na Alcaldía a Carlos González, profesor de percusión da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense e director da banda de gaitas da Carballeira, nunha xuntanza na que falaron de distintos temas culturais da cidade de Ourense. O rexedor e o músico, que foi batería da orquestra Los Arquinos, son vellos coñecidos do panorama musical da cidade.