Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
18 de xaneiro de 2022 - 10:35
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello a Roberto Carlos Rodríguez Montero, artista ourensán que recentemente foi premiado nun concurso internacional de pintura cunha acuarela da rúa do Paseo.
Trátase do Concurso de Pintura para o ilustrar o calendario “Joy and happiness” (Ledicia e felicidade) Hahnemühle 2022, no que participaron máis de 500 artistas de 47 países, que presentaron máis de 1.300 imaxes.
A obra de Roberto Carlos Rodríguez foi a elixida para ilustrar o calendario no mes de outubro.
O alcalde adquirirá algunhas unidades deste calendario para atencións institucionais.
Hahnemühle é una empresa alemá de fabricación de papel con 425 anos de historia especializada na fabricación de soportes para a creación artística. Os seus produtos son altamente apreciados en 130 países en todo o mundo. Con sede en Dassel, na rexión sur do estado federado alemán da Baixa Saxonia, dispón de filiais en Reino Unido, Francia, Estados Unidos, Singapur e China.