O alcalde recibe a Sor Salud Conde Nieto, Madre Salud, fundadora do colexio Miraflores Ourense

25 de novembro de 2021 - 14:35

Gonzalo Jácome confirmou que proximamente se arranxará a estrada que comunica Ourense e Pereiro a través de Montealegre, un vial que presta un importante servizo ao conectar ambos concellos


Imagen de noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu nesta mañá no Concello a Sor Salud Conde Nieto, Madre Salud, fundadora do colexio Miraflores Ourense, nun encontro no que analizaron posibilidades de colaboración do Concello co centro educativo. O alcalde confirmoulle a Sor Salud que proximamente se arranxará a estrada que comunica Ourense e Pereiro a través de Montealegre, un vial que presta un importante servizo ao conectar ambos concellos, asi como as instalacións do Complexo Deportivo de Monterrei, o polígono empresarial do Pereiro, a sede de Lonia Textil ou o propio colexio Miraflores.

O alcalde comprometeuse a visitar o Colexio Miraflores en México DF, o máis importante deste país, nunha visita institucional no ano 2022.