Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
18 de abril de 2022 - 12:05
O Concello de Ourense abre desde hoxe, luns, 19 de abril, até o venres, 6 de maio o prazo de solicitude das axudas para a compra de libros, material escolar e comedores escolares. As familias interesadas poden consultar toda a información e obter os impresos na páxina web do Concello e presentar as súas solicitudes a través do Rexistro Xeral do Concello e demais formas previstas na Lei 39/2015.
A convocatoria, que realiza a Concellería de Asuntos Sociais, conta cun orzamento total de 294.250 euros, dos que 269.250 euros están destinados a comedores escolares e 25.000 para libros.
As axudas están dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes, cumpran os requisitos de estaren empadroadas no concello, cunha antigüidade mínima de tres meses, todos os membros da unidade de convivencia, e non superen os 4.000 € de renda per cápita anual, no caso das axudas para libros e material escolar, ou os 3.700 no caso das axudas para comedores escolares. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental.
Máis información e modelos de solicitude na seguinte ligazón da Sede Electrónica do Concello.