Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
22 de abril de 2022 - 11:30
O Concello de Ourense abrirá mañá o prazo para solicitar as axudas a entidades sociais sen ánimo de lucro, que desenvolven o seu traballo na cidade.
Estas axudas van destinadas a financiar programas, proxectos o actividades que, sendo considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense, no ámbito dos servizos sociais, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Estes programas, proxectos ou actividades deberán ir dirixidos prioritariamente a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.
O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe esta convocatoria. Ata o 22 de maio permanecerá aberta a convocatoria para presentar solicitudes. A cuantía da partida ascende a un total de 325.100 euros. En ningún caso o importe da subvención superará o 75% do custo total do proxecto que se vai desenvolver polo beneficiario. Este límite operará tanto no momento de outorgar a subvención como no exame da conta xustificativa.
As subvencións concedidas son compatibles con outras axudas e subvencións públicas sempre que no seu conxunto non excedan do 100% do custo do proxecto subvencionado.
Enlace á sede electrónica coa información e modelos de solicitude.