Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
29 de decembro de 2021 - 14:30
O Concello de Ourense adquirirá 40 novos autobuses para renovar e reforzar o servizo de transporte urbano da cidade. A xunta de goberno local aprobou en sesión extraordinaria celebrada este mediodía o expediente para contratar esta subministración, que se realizará en 3 lotes, por procedemento aberto e cun importe global de 13.999.700 euros.
A compra dos novos hehículos, de última xeración, suporá “un antes e un despois na mobilidade da cidade”, avanzou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen lembra que a flota actual conta con vehículos de até dúas décadas de antigüidade. O rexedor confía en que a adxudicación do contrato poida estar completada no mes de marzo, de xeito que os vehículos cheguen á cidade en decembro de 2022, logo dun período de 8 meses de fabricación.
A adquisición de novos vehículos inclúe un total de 15 autobuses de 11 metros, que destacan pola súa grande manobrabilidade, 15 microbuses, para uso principalmente nos barrios, e 10 autobuses eléctricos.
Aínda que non era a opción inicial, o goberno municipal decidiu finalmente que 10 das 40 unidades sexan vehículos eléctricos. Toma esta decisión á vista da normativa ditada polo goberno do Estado, coa finalidade de que o Concello poida acceder a fondos europeos para financiar este cuantioso investimento. A normativa está recollida no Real Decreto-lei 24/2021, de 2 de novembro de transposición de directivas da Unión Europea para a promoción de vehículos de transporte limpos e enerxéticamente eficientes.
En consecuencia, a configuración final dos autobuses serán:
A compra dos vehículos converterá Ourense no concello de Galicia con máis vehículos eléctricos ou limpos no servizo de transporte público.
Oferta de emprego público
Na mesma sesión, a xunta local tamén acordou aprobar a Oferta de Emprego Público correspondente ao exercicio 2021, na que se inclúen un total de 14 prazas de acceso libre:
• 2 Traballadores Sociais.
• 5 Operarios.
• 2 Conserxes.
• 1 Médico/a da Unidade Asistencial de Drogodependencias.
• 1 Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas.
• 2 Técnicos/as de Administración Xeral.
• 1 Educador/a Social do Centro de Información Municipal da Muller.
Con respecto á reserva de prazas para persoas con discapacidade, a reserva establécese nunha das prazas de conserxe. O proceso selectivo aplicable será, en tódolos casos, o de concurso – oposición.
A oferta de emprego publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado.
Finalmente, na sesión desta mañá, a xunta local tamén acordou aprobar de forma definitiva a modificación nº 2/2021 da Relación de Postos de Traballo do Consello Municipal de Deportes, relativa á Xefatura do Consello Municipal de Deportes