Responsive image 27-05-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

O Concello apoia o labor de Comité Anti-SIDA, Proxecto Home e ATOX con subvencións por un importe total de 75.000 euros

23 de decembro de 2021 - 11:03

A xunta de goberno local adxudica a redacción dun proxecto de humanización das rúas Ánxel Barxa, Mestre Vide, Eduardo Blanco Amor e Alfonso Rodríguez Castelao


Imagen de noticia

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá a concesión de subvencións nominativas a tres entidades que desenvolven o seu labor no ámbito sociosanitario na cidade:

  • Asociación Comité Cidadán Anti-SIDA de Ourense, para o financiamento do Programa de Redución de Riscos en Usuarios de Drogas por Vía Parenteral para o exercicio 2021. Importe: 25.000 euros

  • Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia, para o financiamento do proxecto educativo - terapéutico de actividades de rehabilitación e reinserción en réxime residencial de conductas aditivas para persoas con adiccións correspondente ao exercicio 2021, por 25.000 euros

  • Asociación de Axuda ao Toxicómano (ATOX) para o financiamento do desenvolvemento do Programa de Piso de Acollida para a Incorporación Social correspondente ao exercicio 2021. Importe: 25.000 euros

Na mesma sesión, a xunta local tratou 17 asuntos presentados polas diferentes áreas e servizos municipais.

Entre eles, adxudicou o servizo de redacción do proxecto de humanización das rúas Ánxel Barxa Compositor, Mestre Vide, Eduardo Blanco Amor e Alfonso Rodríguez Castelao. Será realizado por L2 Ingeniería y Consulting Galicia por un importe total de 37.653,14 €,