Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
17 de decembro de 2021 - 15:13
A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou este mediodía en sesión extraordinaria os convenios de colaboración para darlles apoio a 6 entidades que desenvolven o seu labor no ámbito dos servizos sociais na cidade, por importe de 370.293 euros:
Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e Cáritas Diocesana de Ourense, por importe de 250.000 euros para financiar o proxecto do comedor social
Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e Cruz Roja Española para o financiamento do Proxecto de Acollida -Valoración e Resposta Inmediata no Concello de Ourense, por importe de 36.893
Convenio de colaboración e patrocinio entre o Concello de Ourense e a Asociación de Familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias de Ourense (Afaor), por importe de 35.000 euros, para o financiamento dos “Obradoiros de estimulación cognitiva” e de “Axudas Técnicas” para enfermos de Alzheimer e outras demencias de Ourense
Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e o Banco de Alimentos de Ourense, por importe de 21.000,00 €
Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO), para financiar o proxecto de fomento e desenvolvemento da autonomía para persoas con discapacidade intelectual, por importe de 21.000,00 €
Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Asociación Por Eles TEA , por importe de 6.400 euros, para financiar o proxecto de campamento inclusivo para nenas e nenos con TEA e dificultades de interacción social.
Na mesma sesión, a xunta de goberno local aprobou unha subvención nominativa ao Colexio de Enfermería de Ourense, por importe de 3.000 euros, para gastos da celebración do centenario da organización colexial realizados en 2020 (adquisición de estatua en homenaxe á enfermería e edición de libro conmemorativo).
O goberno municipal agarda rematar nos próximos días a tramitación de varios convenios máis con entidades de carácter sanitario.