Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Compartir facebook
Compartir twitter
Compartir whatsapp
Compartir telegram
Anterior
Listaxe
Seguinte
11 de febreiro de 2022 - 11:06
Onte, ás 16:00 horas, o Concello de Ourense presentou no Centro Cívico Colón #SenVandalismo, unha iniciativa de aprendizaxe e servizo, promovida por APES en colaboración con Fundación Barrié, na que o profesorado, familias e alumnado de 5º y 6º de primaria de 10 centros educativos de Galicia asumen un rol activo na prevención do vandalismo. Na recepción desta tarde participarán alumnos do Colexio Concepción Arenal, que lle farán entrega á concelleira de comics que elaboraron dentro deste proxecto.
A concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, pon en valor esta iniciativa, “porque estamos a falar dunha acción que pretende concienciar sobre un asunto que nos preocupa a todos, e faino desde a óptica das rapazas e rapaces. Eles, que son o futuro, teñen moito que dicir deste problema que temos no presente”.
As actividades que conforman o proxecto divídense en dous bloques ou fases, inicialmente o alumnado nútrese de coñecementos a través da investigación e a reflexión sobre as causas e as consecuencias do vandalismo para, posteriormente, empregar o aprendido na execución dun servizo á comunidade.
Un obxectivo que persigue #SenVandalismo é sensibilizar e concienciar a sociedade das consecuencias sociais e económicas que xera o vandalismo e, en definitiva, contribuír a reducir o custo económico para os concellos de todas as reparacións que provocan os actos vandálicos, establecendo alianzas con entidades e institucións da súa comunidade.
Actualmente atópanse na fase final do proxecto, preparando as súas campañas de sensibilización: no CPR Concepción Arenal o alumnado está a deseñar un cómic que mostrará a outros rapaces e rapazas as consecuencias de cometer actos vandálicos, xa que o alumnado o repartirá noutros centros educativos e cívicos da cidade. Nesta entrega desta tarde colaborará a concelleira de Servizos Sociais Eugenia Díaz Abella.
No CEIP O Couto están elaborando unha “Guía para a boa convivencia nos barrios” para persoas menores e adultas, a cal repartirase en diferentes asociacións veciñais da cidade e alumnado participante.
Para ambas creacións, o alumnado contou coa colaboración de diferentes persoas que aportaron a súa visión sobre esta problemática social: persoal da asociación O Cimborrio creada para defender a boa convivencia no centro histórico da cidade; unha persoa interna e unha traballadora do centro penitenciario Pereiro de Aguiar; unha vítima de vandalismo e un graffiteiro profesional.